Amorodo

Posted on 20:43



O amorodo é o receptáculo da flor da amorodeira, considerada popularmente o seu froito.



É unha fonte de vitaminas C, A e B9. É unha planta perenne que produce brotes novos cada ano. Cultívase sobre todo polo seu uso en gastronomía. úsase en réximes dietéticos dado que ten poucos glícidos.


Consómense soas ou mesturadas con azucre, azucre e viño , zume de laranxa, nata, en xeados, marmeladas e tamén en repostería.


Emprégase coma planta medicinal coas seguintes propiedades:



  • Diuréticas e antirreumáticas.

  • Anticolesterol.

  • Antiinflamatorias.

  • Astrinxentes.

  • Mineralizantes.

No noso horto prantámolas en dúas parcelas. Nunha asociadas con allos e na outra con cebolas. Esto é así porque tanto allos como cebolas co seu aroma espantan os bichos que xeneran as pragas nos amorodos. Ademais, polas beiras das parcelas prantamos herbaboa e menta, que tamén estimulan o crecemento dos amorodos.

As razas ou variedades que prantamos son a Selvocho, procedente de California, e a Raíña dos Vales, procedente do Norte de España. Esta da uns amorodos pequeniños, moi semellantes aos silvestres. É a variedade máis "autóctona" que atopamos.

Normalemente estes amorodos, aínda que son máis pequenos, teñen un sabor moito máis intenso.

1 Response to "Amorodo"

O horto Says:

Son froitas moi boas , ademais de ser baratas e fáciles de cultivar.
jefe indio

Publicar un comentario