O PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Os alumnos e alumnas do Proxecto Interdisciplinar, estámonos dedicando este ano ao Horto ecolóxico e a investigar e descubrir cousas sobre a Agricultura Ecolóxica.
Entre as actividades que fomos facendo ao longo do curso, podemos citar as seguintes:

-Labores propias do horto: cavar, abonar, sementar, regar, prantar, arrincar herbas, recoller e seleccionar sementes...
-Análise dalgunhas propiedades da terra do horto: materia orgánica, acidez, textura, pH...
-Completar fichas sobre os distintos cultivos.
-Completar unha base de datos sobre tódolos nosos cultivos: procedencia, forma de adquisición, data de prantado ou sementado...
-Busca de información sobre os animais do horto e os seus beneficios.
-Identificación dos invetebrados máis comúns do horto.
-Investigación sobre a Agricultura Ecolóxica: que é que técnicas emprega e cales non...
-Elaboración de artigos sobre o mesmo tema.
-Visita a varias granxas ou centros de produción ecolóxicos da zona: Milhulloa, Granxa Maruxa e Arqueixal.
-Elaboración de entrevistas aos responsables destes centros de produción para a nosa revista...