entrevista a granxa maruxa

Posted on 12:16







ENTREVISTA A MARTA, FUNDADORA DA GRANXA MARUXA

Durante a visita dos alumnos de Proxecto Interdiciplinar de 1º de E.S.O., un grupiño deles, os Amorodos, aproveitamos para facerlle unha entrevista a Marta, a fundadora da granxa.

P: Por que deixaches de vivir en Vigo e te viñeches a traballar nunha granxa de vacas? Dende cando levas traballando aquí? Por que unha granxa ecolóxica?
R: Levo dez anos aquí, dende o 2000. Viñen a Lugo a rematar a carreira de empresariais, pois me quedaban dúas asignaturas. Como meus pais tiñan casa aquí, pasaba tódolos días por diante da nosa granxa, que estaba arrendada naquel momento. Un día cruceime coas vacas que viñan de pacer e pensei que como me gustaba o campo, e o contrato de arrendamento estaba a piques de rematar, podía facerme eu cargo da granxa.
Reconvertín a granxa á gandería ecolóxica porque estou totalmente en contra do uso de pesticidas, herbicidas, transxénicos... que perxudican moito ao medio ambiente e á saúde das persoas.

P: Levas tí soa a granxa e a fábrica, ou tes socios? Cantos empregados hai en total?
R: Aínda que os primeiros anos estiven eu soa, agora somos dúas socias e tres empregados, é dicir, 5 traballadores en total.
P: Como se vos ocorreu a decoración da granxa?
R: Pois foi na época en que eu estaba aquí soa e traballaba sen parar, non podía saír de aquí. Así que foi para darlle un mellor aspecto e traballar nun entorno máis alegre e agradable para min e para a xente que me viña visitar. E porque sempre me deu moita pena o aspecto de abandono estético que teñen a maioría das granxas.
Agora teño en mente o proxecto “Arte na corte”, de montar exposicións de arte na granxa e tamén unha cafetería. Todo esto pode axudar a darlle máis vida e dignidade ao noso entorno rural.

P: Cantas vacas tedes? Cal é vosa media de producción de leite por vaca? Cantas hectáreas tedes en total?
R: Temos 55 en total, 25 en ordeño, e as outras son becerras ou vacas a punto de parir. Cada vaca produce entre 20 e 22 l diarios. Temos 20 hectáreas en propiedade e 5 arrendadas.

P: ¿En que se diferenza o coidado das vacas nunha granxa normal e nunha ecolóxica?
R: Na alimentación, que é natural, e na forma de vida das vacas. Pastan libres tódolos días, e dispoñen de moito espazo, de xeito que non viven estresadas nun espazo reducido como en moitas granxas intensivas. Ademais sacámoslles menos leite.

P: Usades moitos antibióticos para as vacas? Usades nitramón ou fertimón?
R: Non usamos apenas antibióticos. O máximo permitido polo C.R.A.E.GA. (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) é de 3 ao ano, e só se hai enfermidade, non como nalgunhas granxas intensivas, onde hai un abuso dos antibióticos, que xa se lles administran de forma preventiva. Nós nin sequera necesitamos na maior parte dos casos recurrir a esas 3 doses anuais.
Non usamos nitramón nin fertimón porque as normas da agricultura ecolóxica non o permiten, xa que produce un crecemento moi rápido da herba porque acumula moita auga nos tecidos, non porque sexa herba de mellor calidade. Ademais causan problemas de contaminación das augas e da terra. Usamos abono ecolóxico granulado, procedente de restos orgánicos, amais dos nosos puríns.

P: Por que lle poñedes música ás vacas?
R: Porque as relaxa moito e hai estudos que indican que producen máis leite debido ao seu maior benestar.

P: Canto beneficio lle sacades a cada litro de leite comparando co que lle pagan a calquera explotación que produza para vender a unha empresa leiteira?
R: Aínda no sabemos a cifra exacta, porque levamos mes e pico vendendo as galletas, pero temos moi claro que calquera produto transformado sempre está moito mellor pagado que o leite.

P: Como munxides as vacas? Canto leite sacades en cada munguidura?
R: Con máquinas, na sala de munxir.
P: Botádelas a pacer?
R: Sí, tódolos días.

P: Canto penso lles dades? Que lles metedes na ración? Como facedes as racións, con carro ou manualmente?
R: Sobre 5 kg de penso ecolóxico ao día. Na ración tamén levan silo, aparte da herba fresca do prado. As racións facémolas manualmente. Eu persoalmente estou en contra de darlles a ración con carro mezclador (onde se lle xunta todo: silo, penso, e dáselle nunha única vez ao día), xa que os rumiantes deben cortar a herba no prado e comer e dixerir lentamente. Xa sei que así non producen tanto leite, pero afórranse problemas dixestivos.

P: Supoñemos que os problemas sanitarios son os mesmos que nunha granxa convencional. Neste caso, recortádelles moitas veces as unllas? Mórrenvos moitas? Que facedes con elas cando morren? Tedes problemas de mamitis?
R: Non, as vacas ecolóxicas teñen menos problemas sanitarios. Non lle temos que cortar as unllas porque as liman contra as pedras, xa que están por fóra tódolos días. Apenas hai problemas de mamitis porque como se lle quita menos leite, teñen menos “esforzo” e moitas menos probabilidades de ter mamitis que nunha granxa convencional.

P: Paren tódolos anos? Tedes moitas baixas nos partos?
R: Practicamente paren tódolos anos. Eu xa levo asistido a 50 partos e apenas hai problemas para que as vacas pairan soas, xa que ao andar ceives teñen a musculatura fortalecida e non teñen problemas para botar fóra o becerro. En todo este tempo non tiveron nin unha soa cesárea. Aínda que a gandería ecolóxica sí permite acelerar o parto tirando polo becerro con cordas, eu estou en contra e deixo que as vacas pairan soas. Tardan máis, pero sufren menos e non teñen desgarros que logo dan problemas á hora de empreñar de novo.
Temos moi poucas baixas nos partos.

P: Que facedes cos puríns?
R: Producimos pouco purín porque as vacas case sempre están no prado. Este botámolo nos prados, pero sempre controlando a cantidade axeitada para que non haxa exceso de nitratos que cause problemas de contaminación. Para iso temos un calendario de pastoreo onde imos anotando as cantidades que botamos, días que van pastar, kg de abono ecolóxico botado, etec. Ademais anualmente analizamos o solo.

P: Vendedes ben as galletas? A canto as vendedes? Onde se poden mercar?
R: Sí, véndense moi ben, a 4 a caixa e 6 euros a bolsa. Pódense mercar na propia granxa, en Lugo, (A Cova da Terra), Lalín, Melide, Arzúa, Santiago, Ferrol, Vigo, A Coruña, Barcelona...

P: Por que se vos ocorreu facer galletas e non outro produto?
R: Porque me lembraba das galletas que facía as avoas cando era pequena, gardando a nata do leite, e do ricas que estaban. E vin que en ningún sitio de Galicia se facían nin se vendían ese tipo de galletas. E porque só de vender leite non se pode vivir, xa que o litro está moi mal pagado. Penso que hai que diversificar as actividades, que vivir de varias cousas é máis seguro que vivir só dunha.

P: Que ingredientes lles botades ás galletas a parte da nata? Tamén son ecolóxicos? De onde veñen?
R: As galletas só levan nata, fariña e azucre. A fariña ven de Albacete e o azucre de Paraguay, e ambos ingredientes son tamén de agricultura ecolóxica.
P: Gústavos traballar na granxa e na fábrica? Cantas horas traballades ao día?
R: Sí, moito. O número de horas é variable, ás veces 8 e ás veces 10 horas ou máis.

P: Estades satisfeitos co voso traballo e forma de vida? Credes que se vive igual, mellor ou peor que nunha cidade?
R: Moitísimo. Creo que se vive mellor aquí, no campo, con máis tranquilidade e de forma máis saudable. A pesar de tódalas dificultades que pasei, agora vexo o resultado do meu esforzo iso é unha satisfacción enorme. Ademáis o campo necesita que a xente xoven se quede a vivir aquí. Por iso me gusta que veñades a visitarme para que vexades que é posible vivir no rural producindo alimentos sans e ecolóxicos e con ideas orixinais. E que cando se quere algo e un insiste moito, pódese conseguir, pero sen esforzo non se consigue nada.

Excursión ás granxas ecolóxicas da comarca da ulloa

Posted on 12:14

A becerra apadriñada

Posted on 12:08


Cando fumos de excursión a Granxa Maruxa neses fermosos decorados que tiña a mesma granxa naceu unha becerriña que apadriñamos co nome de Láncara.Este nome débese a que fomos o primeiro centro que visitou a granxa despois deste nacemento.Esta becerriña era pinta moi bonita e simpática só que se asustou ao vernos.Esperamos que cando xa sexa maior sempre se acorde de nós como nós nos acordamos dela.Gustaríanos volver a visitala pronto.



Tiffany e Yaiza.

resumo da visita dos travalladores do CRAEGA

Posted on 12:07

O dia 10 de maio déronnos a probar de postre no comedor uns iogures ecolóxicos. Tamén viñeron ao noso colexio uns señores que nos explicaromn o que era a agricultura ecoloxica, que e unha agricultura onde se producen uns alimentos que non teñen colorante, conservantes, polo tanto que son sans para a nosa saude, ademais respetan o medio ambiente e os animais. Explicaronnos a súa función, que e ir polos hortos e as granxas recollendo mostras dos seus produtos e levandoos a analizar;en caso negativo retirarianlles a etiqueta do "Consello Regulador da Agricultura Ecoloxica de Galicia" que quere decir C.R.A.E.G.A. Enseñaronnos un vídeo no que se explicaba como se producian os produtos ecolóxicos,que non levan nin pesticidas,nin estan xeneticamente modificados,por iso son bos para a nosa saude, ademais conteñen nutrientes e vitaminas e son de calidade. Para identificar un alimento ecolóxico temos que buscar a etiqueta do CRAEGA.

Silvia e Andrea

Amorodo

Posted on 20:43



O amorodo é o receptáculo da flor da amorodeira, considerada popularmente o seu froito.



É unha fonte de vitaminas C, A e B9. É unha planta perenne que produce brotes novos cada ano. Cultívase sobre todo polo seu uso en gastronomía. úsase en réximes dietéticos dado que ten poucos glícidos.


Consómense soas ou mesturadas con azucre, azucre e viño , zume de laranxa, nata, en xeados, marmeladas e tamén en repostería.


Emprégase coma planta medicinal coas seguintes propiedades:



  • Diuréticas e antirreumáticas.

  • Anticolesterol.

  • Antiinflamatorias.

  • Astrinxentes.

  • Mineralizantes.

No noso horto prantámolas en dúas parcelas. Nunha asociadas con allos e na outra con cebolas. Esto é así porque tanto allos como cebolas co seu aroma espantan os bichos que xeneran as pragas nos amorodos. Ademais, polas beiras das parcelas prantamos herbaboa e menta, que tamén estimulan o crecemento dos amorodos.

As razas ou variedades que prantamos son a Selvocho, procedente de California, e a Raíña dos Vales, procedente do Norte de España. Esta da uns amorodos pequeniños, moi semellantes aos silvestres. É a variedade máis "autóctona" que atopamos.

Normalemente estes amorodos, aínda que son máis pequenos, teñen un sabor moito máis intenso.

Día Mundial da Reciclaxe

Posted on 20:16


O 17 de maio, celébrase o Día Mundial do Reciclaxe. é un día pensado para que todos e todas tomemos conciencia da importancia que ten tratar os residuos coma corresponde e así contribuir ao cambio climático e protexer a NATUREZA.

A pataca galega

Posted on 15:59


A pataca (Solanum Tuberosum) é unha planta que pertence á familia das solanáceas. Foi descuberta fai uns 7000 anos polos habitantes do altiplano andino.

A pataca contén:
• Vitaminas
• Minerais

Beneficios:
1. É un alimento que aporta enerxía especialmente para deportistas ou persoas que fan un traballo fisico.
2. Cando as comemos fervidas ou en puré, son mais fácilmente dixeribles.
3. Teñen un efecto sobre o organismo que favorece a eliminación de toxinas e a remineralización do mesmo.
4. Pódese usar como cataplasma para queimaduras e olleiras.

Pódese preparar de varios modos: cocidas, fritidas, asadas….

Nunca se deben de comer os brotes verdes porque conteñen unha sustancia tóxica chamada “solanina”.

Só as patacas pertencentes a variedade Kennebec son patacas de Galicia.

A FRAMBOESA

Posted on 15:51


A FRAMBOESA

A framboesa e moi aromática e o seu sabor é agre e doce.

As poucas horas de tela recollido vai perdendo o sabor .O froito é moi delicado e hai que arrincalo con moito coidado.As framboesas son moi ricas en vitamina C.

Unha taza de framboesas proporcionada o 88% das necesidades diarias desta vitamina. Tamén contén cantidades elevadas de potasio e magnesio.

As framboesas deben de comerse frescas, pero pódese utilizar en moitas recetas culinarias. Pódense consumir nos meses de Xullo, Agosto, Setembro e Outubro.


Perexil (Petroselinum crispum)

Posted on 20:04


É unha planta hebácea, do xénero Petroselinum dentro da familia Apiaceae. Cultívase ampliamente por todo o mundo, como condimento culinario. Atópase en hortos, xardíns e ás veces en marxes de camiños, muros, cultivos de toda Europa e en parte de Asia.

As follas son ricas en vitamina A, B1,B2,C e D, sempre que se consuman en cru.

Unha infusión de perexil pódese usar como diurético. Os herboristas chineses e alemáns recomendan tomalo como un té para regular a tensión.
No noso horto estámolo a prantar na mesma parcela que os tomates, xa que está demostrado que o perexil estimula o crecemento dos mesmos. Esto tamén se facía de forma tradicional en moitas hortas galegas.

É unha planta medicinal que ten distintos usos:
- Colirio ocular: alivia a irritación dos ollos cansos
- Carminativa, tónica estomacal e dixestiva: favorece a dixestión, axuda a expulsar as flatulencias e abre o apetito.
Tamén se usa como condimento para dar sabor a moitos pratos como verduras, sopas, carnes, e ensaladas

Rega:
Agradece solos con algún contido de humidade. En zonas máis cálidas debe ser dada a cada oito ou dez días durante o inverno e cada dous ou tres no verán.

Variedades:
Pirixel común.
Pirixel rizado.
Paramount.

Propagación:
A plantación pódese realizar a finais de febreiro a setembro.
A xerminación é moi lenta, levando case un mes, debe ser mantida continuamente en solo húmido