A AGRICULTURA ECOLÓXICA

 A AGRICULTURA ECOLÓXICA

A agricultura ecolóxica é unha forma de agricultura na que non se empregan produtos químicos de síntese e organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e o ser humano e intenta lograr un desenvolvemento sostible. En moitos países, incluíndo a Unión Europea e EE.UU., está tamén definida polo dereito.

Baséase no mantemento da fertilidade do solo, en incorporar compostaxe ou outros fertilizantes sen produtos químicos.

Na Unión Europea, a Agricultura Ecolóxica está regulada (regulamento 2092/91), no que se especifícan claramente as técnicas autorizadas neste tipo de cultivo.


É o sistema de producción que busca conseguir alimentos de máxima calidade.

Como?

1. Respetando o medio ambiente.

2. Conservando a fertilidade do solo.

3. Aforrando auga, enerxía,…

4. Sen usar de productos químicos de síntese.



Por que é interesante para o labrego?

1. Porque pode ofrecer ós consumidores e a si mesmo un producto san e de máxima calidade.

2. Porque pode vivir e traballar nun ambiente sen contaminación e mais equilibrio, sen os riscos de toxicidade que lle pode acarrear a agricultura convencional.

3. Porque permite a conservación da fertilidade da terra a longo prazo.

4. Porque lle permite conseguir máis beneficios polo seu traballo ó haber menos intermediarios e unha mayor autosuficiencia ó non ter que mercar sementes ou produtos fitosanitarios.



Por que é interesante para o consumidor?

1. Porque se asegura de que está a consumir os produtos máis saudables, nutritivos e satisfatorios polas suas calidades organolépticas.

2. Porque contribúe coa súa demanda a fomentar uns sistemas produtivos que axudan a aforrar auga e enerxía, manter a biodiversidade e conservar os recursos naturais.


Que é o CONSELLO REGULADOR DA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA( C.R.A.E.G.A)? www.craega.es

É o órgano creado pola Conselleria de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, como autoridade única de control e certificación das producións ecolóxicas en Galicia.

No C.R.A.E.G.A atópanse representados os sectores produtivo e industrial,así como o consumo e o comercio,ademais da propia administración,o que garante a máxima transparencia e obxetividade da sistema de certificación.

Que é a certificación ecolóxica?

É o respaldo legal que autentifica a procedencia dun producto con indicativo ecolóxico.garantindo o cumprimento das normas establecidas no Regulamento (CEE) nº 2092/91 sobre a produción agrícola ecolóxica e a súa indicación nos productos agrarios e alimjentarios,dende a súa produción ata a venda ó consumidor final.



 
Esta Certificación que debe ser exercida polos organismos de control,autorizados para tal fin, ten recoñecemento internacional.







Para que o consumidor poda recoñecer que un alimento é écolóxico,as unidades envasadas para o consumo,ademais da etiqueta comercial, obligatoriamente deberán ir identificadas coa CONTRAETIQUETA codificada, que representa o logotipo do Consello Regulador, como garante de que en todo o proceso de produción e elaboración respetaronse as normas de Produción Ecolóxica.