OS BICHOS DO HORTO

BICHOS BOS E BICHOS MALOS.



Unha reportaxe da cadela ladreta.


Bos días, son a cadela ladreta. Vouvos falar dos bichos beneficiosos e perxudiciais para o noso horto. Eu son beneficiosa porque como pulgóns, que saben moi ben e son malos para algúns cultivos.


Os escarabellos comen as follas das pataqueiras (eu nunca as probei) e por iso son perxudiciais. Para evitar que destrúan as plantas, algúns homes retiran coas mans os seus ovos das follas.O cantárido é beneficioso porque as súas crías comen caracois (que noxo). O lucecú (que lle brilla o cú), é beneficioso. As xoaniñas (algunhas moi coloridas), contribúen á agricultura. Por iso, algunhas persoas non usan produtos químicos (que hai de máis) que as perxudiquen. O verme do aramio é perxudicial porque come raíces (que non sei como saben).


A formiga constrúe formigueiros (e sen arquitecto) que poden matar plantas, por iso é mala. Para que isto non pase, as persoas controlan os pulgóns, xa que as atraen.A bolboreta da col destrúe as plantas (parécese a Terminator); é moi mala. As chinches son útiles pola súa dieta (que non sei cal é). O grilo (un bo cantante que non fai concertos), non destrúe moito os cultivos. Os saltóns (que pegan uns saltos grandísimos) non preocupan se non hai moitos (ou masificación, como din os científicos).


Os tisanuros e dipluros (vaia nome) contribúen a mellorar o horto. A cochinilla (miniporco) non é preocupante. O cardador, se non hai de máis, non preocupa. Os cempés (moito deben correr) son moi bos para a agricultura, ¡pero morden!. O sínfilo é bon.


Os arácnidos son beneficiosos porque comen 2 Kg de insectos anuais (que lambóns). A miñoca airea o chan mentres papa a terra . As alimachas (que se baban moito) causan grandes problemas e os agricultores ecolóxicos combátenas de varias maneiras: Captúranas en vasos de iogur cheos de cervexa (probeina unha vez e emborracheime), esparexen cinza polos cultivos, ou captúranas e retíranas do horto.


Por último, o caracol (corro eu máis ca el) é beneficioso porque come ovos de alimacha.


Ata a próxima, e cando nos vexamos no horto ¡saudádeme!


Rubén López Arias 1º ESO


Algo sobre min...

 
Como vedes, se nós (as cadelas ladretas) escaseamos,
os pulgóns abundan moito máis e poden formar pragas.

Por iso os labregos ecolóxicos non usan insecticidas
que nos maten, xa que saben que cada bicho no horto
cumpre un papel importante.

Ah, e non creades esa cousa de que se nos metemos nos
vosos oídos podedes quedar xordos ou morrer, non é máis
que unha lenda rural. ¿Por que ía meterme eu nun oído
humano, co tranquila que estou agochada nas gretas
dos muros ou debaixo dos testos ou das pedras...?

Por último, vouvos dicir como nos chaman
os científicos aos da miña especie: Forficula auricularia ,
e clasifícannos no grupo dos invertebrados insectos.
¿Salgo guapa na foto?