Receita: berenxenas recheas

Posted on 20:00

Ingredientes:

2 berenxenas grandes.

1/2 litro de bechamel.

250 g. de xamón serrano.

1 cebola pequena.

1 dente de allo.

Queixo relado.

Manteiga.

Aceite.

Sal.



Preparación:

Córtanse as berenxenas lonxitudinalmente, póñense nunha bandexa de forno, sálganse, úntanse lixeiramente con aceite e enfórnanse a 180º durante 30 minutos. Mentres prepárase o recheo, facendo primeiro a bechamel. Logo refóganse a cebola e o allo moi picadiños nun pouco de aceite e, cando están dourados, incorpórase o xamón en taquiños pequenos. Refógase uns instantes, retírase e resérvase.

Sácanse as berenxenas do forno e retíraselle a pulpa cunha culler àra formar un oco. Pícase a pulpa e mestúrase co xamón remexendo ben. Este picadillo mestúrase coa bechamel e coa pasta resultante rechéanse as berenxenas. Por enriba pónselles o queixo relado e uns taquiños de manteiga . enfórnanse ata que estean gratinadas.

Berenxenas

Posted on 19:50



Nome común: Berenxena.

Nome científico: Solanum melongena

Orixe: India

É unha planta moi esixente en luminosidade e de climas cálidos e secos, soporta ben as temperaturas elevadas. Os solos máis adoitados son os francos e profundos. A mellor data para plantala e o mes de marzo. O momento para recollela é cando presenta un aspecto brillante. Cando están suaves ou marróns están demasiado maduras e saben amargas.

No noso horto xa a prantamos na parcela nº 12 xunto coas xudías, xa que parece que ambas especies se favorecen mutuamente.

Influencia da lúa nos cultivos

Posted on 20:58


As investigacións científicas das últimas décadas confirmaron o que a sabedoría popular coñecía dende hai moitos séculos: a influencia que a lúa ten no cultivo e recolleita dos productos da terra.

A vitalidade das prantas medra coa lus da lúa.Cantomáis nos achegamos á lúa chea, as prantas posúen máis forza para loitar contra parásitos e enfermidades.

A vitalidade das prantas mingua coa lúa chea, algo que fan en proveito da súa enerxía espécifica. A pranta ten menosvitalidade pero as cores e sabores son máis perceptibles.As propiedades dietéticas ou medicinais son máis pronunciadas.

Xudias (Phaseolus vulgaris)

Posted on 20:42


É unha especie anual da familia das leguminosas. Orixinaria de América que se cultiva en todo o mundo. Existen numerosas variedades e delas consómense tanto as vainas verdes como os grans secos.

Seméntanse no mes de maio cando hai lúa vella.
No noso horto ímola prantar asociada co millo, ao igual que a faba, tal e como se facía (e aínda se segue a facer) en moitos lugares de Galicia. Deste xeito ambos cultivos se favorecen no aproveitamento de nutrientes. Ademais as xudías gabean polo tallo dos pés de millo e xa non temos que poñerlles titores.
Tamén a prantamos asociada á berenxena na parcela 12 e aos cogombros na 7.

Guisante (Pisum sativum)

Posted on 19:48


O guisante, tamén chamado Chicharo é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa producción e dalgunhas variedades da cal , como a chamada "tirabeque" pódense consumir as peopias vainas por ser moi tenras.

As sementes(guisantes) atópanse en vainas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.

Pragas:


  • Polilla do guisante.

  • Pulgón verde.

  • Sitona.

  • Trips.

Enfermidades:



  • Oidio do guisante.

  • Virus do mosaico.

  • Antracnosis.

RAZAS AUTÓCTONAS E BIODIVERSIDADE

Posted on 13:58

Tanto na agricultura como na gandería se produciu nas últimas décadas un abandono do cultivo e cría das razas autóctonas galegas e variedades locais, sendo éstas substituídas por outras máis produtivas.
Esto non sucedeu só en Galicia, senón en moitos outros lugares do mundo, o cal provocou unha gran perda de biodiversidade ou erosión xenética.

A perda de biodiversidade é un dos maores problemas ambientais cos que se enfronta a humanidade. O 2010 é o ano internacional da biodiversidade.

Cada vez existe máis preocupación nos gobernos dos distintos países por este tema, e por iso se poñen en marcha programas para evitar a extinción das especies.
Actualmente estanse a recuperar moitas das nosas razas autóctonas, tanto de prantas como de animais, salvándoas da extinción.
A continuación veredes exemplos de razas autóctonas de gando en perigo de extinción, pero que afortunadamente se están recuperando: o porco celta, a galiña de Mos, o can de palleiro e a vaca cachena.

Pementos galegos

Posted on 19:28


Na Galiza podemos falar de cinco variedades de pementos autóctonos ou máis ben naturalizados:

Pemento morrón de Vilanova.

Pemento tipo Padrón: poden ser de Herbón, de Padrón ou do Salnés.

Pemento tipo Arnoia: zona de Arnoia, de Ribadavia ou de Carballo.

Pemento tipo Ourense: O Rosal, Ourense.

Pemento tipo O Couto: cultivados na comarca de Ferrolterra.

22 de abril: Día da Terra

Posted on 21:23




O Día da Terra é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra e o Día da Terra.


A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observáranse os primeiros indicios alarmantes de degradación ao que os humáns a estan a someter .

A cenoria: Daucus carota

Posted on 21:03


A cenoria é unha planta que posúe evidentes ventaxas para o organimo. É unha herba anual da familia das umbelíferas. Ten follas compostas e flores brancas e amarelas. A parte comestible é a raíz. É de cor vermello e laranxa.
O seu cultivo para consumo humán é moi recente. A razón é que esta planta foi orixinalmente moi velenosa. Foron os xardineiros franceses e alemáns os que por medio dunha selección de pacientes cruces neutralizaron o veleno.
Ten moitas propiedades para a vista, gracias á gran cantidade de vitamina A.

No noso horto ímolas prantar asociadas coas xudías, xa que ambas especies favorécense, aínda que a cenoria tamén vai ben coa cebola.

E chegou a primavera...

Posted on 20:50


Aínda que case fai un mes que os meteorólogos nos anunciaron a chegada da primavera, é nestes días cando nos damos conta de que outra estación nos está a visitar, xa que os prados locen cheos de margaridas, os poucos paxaros que aínda quedan, fan os seus niños, a xente nova está alporizada e aos maiores dóennos os osos. Benvida sexa e procuremos aproveitarnos de todo o bo que nos trae, aínda que os alérxicos estén un pouco doentes.Só temos unha ao ano.

A cebola: Allium cepa

Posted on 20:28


Estes días estamos a plantar cebolas no horto. É unha planta bianual pero que se cultiva como anual. As súas follas son cilíndricas, as flores dispostas en umbelas e bulbos comestibles brancos ou roxizos, tenros, picantes e dun olor penetrante. Reprodúcense por bulbos , prántanse en marzo ou abril , directamente no terreo definitivo, sen enterralos demasiado. Cando o bulbo chega ao seu tamaño máximo , arríncanse e deixanse secar nun lugar aireado.
Nós prantámolas asociadas cos amorodos (en regos alternos), xa que ambas especies se favorecen.

Occinum basilicum: albahaca

Posted on 20:24


É unha das plantas máis bonitas das aromáticas que se usan na cociña, insustituible para moitos cociñeiros. Ten un gusto doce e fragrante,máis forte no verán, xa que o sol aumenta a súa intensidade. As flores son pequenas e brancas.É unha planta anual que crece en terreos simples, soleados e ben regados.Ten orixe oriental e foi introducida no noso país polos gregos e romanos.En Exipto empregábase como un dos compoñentes do bálsamo usado para a momificación.Para os romanos era o símbolo dos namorados.
Nós prantámola asociada aos pementos, xa que algúns estudos indican que ambas especies medran mellor estando xuntas.

A leituga : Lactuca sativa

Posted on 20:09


A leituga é unha planta anual propia das rexións semi-tépedas, que se cultiva con fins alimentarios. Debido ás moitas variedades que existen, e ao seu cultivo en invernadoiros, podese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crúa.
Ten moi pouco valor nutritivo, cun alto contido de auga(90/95%), é rica en antioxidantes, mineráis como fósforo, ferro, calcio, potasio... As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.
No noso horto prantámolas asociadas con coles. Esta é unha asociación moi estendida de hortaliza de crecemento rápido con outra de crecemento lento. Cando a col acada o seu gran porte, é probable que xa colleitaramos as leitugas.

Posted on 20:04

Os "tagetes"

Posted on 19:50

Os tagetes, co seu aroma, repelen aos pulgóns, e por iso os imos prantar preto das alcachofas e leitugas, que son as que máis sofren esta praga. Deste xeito evitamos usar insecticidas contaminantes.

Posted on 20:06