GRANXAS E EMPRESAS ECOLÓXICAS

Nesta sección poremos enlaces de granxas e centros de produción onde se fan  alimentos ecolóxicos, así como lugares onde se poden mercar os produtos da agricultura e gandería ecolóxicos.

http://www.arqueixal.com/ Granxa de vacas que produce leite, queixo e iogur. Situada no concello de Palas de Rei. Tamén ten tenda propia e aluga casas de ecoagroturismo. Podedes ver a entrevista que lles fixemos na nosa visita na sección de Actividades relacionadas.


http://www.granxamaruxa.com/ Granxa de vacas que produce galletas de nata, con tenda propia. Tamén é un lugar de exposicións de arte. (Arte na corte). Atópase no concello de Monterroso. Podedes ver a entrevista que lles fixemos na nosa visita na sección de Actividades relacionadas.
 
http://www.amorodo.es/  Empresa que produce exquisitas mermeladas e conservas vexetais. Situada no concello de Forcarei.

http://www.ecoavega.com/ Cooperativa que produce ovos, queixo e pensos ecolóxicos.

http://www.daveiga.es/ Empresa de Chantada que fabrica distintos tipos de "galletas mariñeiras", un tipo especial de pan que antigamente levaban os mariñeiros nas súas viaxes e que hoxe en día é moi útil para facer torradas, canapés... Hainas de varios tipos, con manteiga, con aceite, con algas... Descúbreas!