A HISTORIA DO HORTO CONTADA POR EL MESMO




- medium none; border-left: medium none; border-right: medium none; border-top: medium none;">


¿Gústanvos as miñas fotos? Á dereita estou eu de frente, e debaixo estou de perfil...
Son un pouco delgaducho pero moi longo, e ademais vou un pouco en costa. Esto favoréceme, xa que cando chove moito
a auga escorrega mellor e enchárcome menos.



Aquí iredes vendo que me foron e me van facendo os distintos alumnos ao longo do curso:



Outubro 2009
O mes de outubro de 2009 empezou así:

Os alumnos do Proxecto Interdisciplinar caváronme, arrincáronme as herbas e engadíronme terra nova.

Seguidamente, recolléronme terra e tamén a que trouxeron do monte, cada grupo colleu unha mostra. Subiron ao laboratorio e analizaron a materia orgánica.O resultado da miña terra foi: Materia orgánica obtida polo grupo amorodos: 5g , a do grupo berenxena:5,9g e a do grupo das cabazas:4,8g.
Fixeron o mesmo coa terra nova cuxo resultado foi: Materia orgánica obtida polo grupo dos amorodos:55,2g , a do grupo berenxenas: 57,6g e a do grupo das cabazas:67,1g.
Grazas a este estudo, os rapaces chegaron a conclusión de que a terra nova tiña máis materia orgánica.

Varios dias despois, algúns alumnos de 1º ESO trouxeron sementes das súas casas.

Despois recolléronme os tomates, pementos e calabaciños e quitáronlles as sementes. Estes cultivos producinos eu nos cultivos do curso pasado. (Son os que vedes nas fotos).

 













Os alumnos do Proxecto Interdisciplinar fixeron semilleiros de leituga e cebola, que foron un fracaso absoluto debido a que botaron moitas sementes nos recipentes e regouse demasiado.

Os mesmos nenos e nenas tamén empezaron a botar os restos orgánicos do horto xunto cos restos do comedor na composteira. Despois de varios meses os restos tranfomaranse en abono chamado compost.

Durante este mes tamén tiveron que completar fichas dos cultivos.

Logo plantáronme romeu, nunha maceta plantaron ruda para poñer cerca da composteira e así evitar a aparición de moscas e mosquitos. Finalmente recolleron follas secas polo patio para a composteira.

Por último, os alumnos de 5º e 6º de Primaria sementáronme nabos na parcela nº 1.
Así de atareado foi o mes de outubro, tanto para eles como para min.
(Traducido telepáticamente dende o horto polo Grupo dos Amorodos).


Novembro 2009

Os de 1º da E.S.O dividíronse en 3 grupos: A, B e C. Ao grupo A chamáronlle Amorodos, ao grupo B chamáronlle Berenxenas e ao grupo C chamáronlle Cabazas.

Un día o grupo berenxenas recolleu follas para o meu futuro compost que me botarán algún día. Despois encheron unha carretilla de terra para o meu irmán xardín.

O grupo cabazas botáronme terra nas parcelas 9 e 10 e plantáronme acelgas na parcela 10 e outros fixéronme un semilleiro de leitugas. Os alumnos de 5º de primaria plantáronme repolos na parcela 3 e allos na parcela 2.

Pasado un tempo os amorodos botáronme terra nas parcelas 7 e 8 e alisárona, alisáronme as parcelas 12 e 13...



Os berenxenas encheron dúas carretillas de terra para levalas ao meu irmán xardín. Fixéronme un alcoube de leituga e sementáronme un pouco de trigo e centeo.

Os cabazas prepararon a semente de espinaca e plantáronme mentas ao redor dos repolos. Foron arricar herbas ao meu irmán xardín e recolleron follas polo patio. Estas follas son para a miña curmá composteira e tamén para facerme un acolchado nos repolos.



Firmado : Berenxenas



Decembro 2009
Durante este mes os alumnos de Atención Educativa de 1º de ESO fixéronme uns carteis para os cultivos que ían prantar en min. Tamén recolleron follas para botar na composteira, e tamén recollían as sobras do comedor para mesturalas con elas e facer o compost que dentro duns meses botarán en min como abono.

Os alumnos do Proxecto Interdisciplinar, estiveron vendo uns vídeos sobre invertebrados do solo e do horto, para saber cales son beneficiosos e cales non. Tamén aprenderon que se hai que acabar con algúns porque forman unha praga, débese facer da forma máis natural posible, sen usar insecticidas químicos. E tamén viron que os insecticidas eliminan a insectos bos que son depredadores naturais e axudan a manter a raia ás pragas.

Despois colleron mostras da miñá terra para mirar na lupa do laboratorio que tipo de invertebrados viven en min, clasificalos científicamente e ver cales poden ser perxudiciais e cales beneficosos.

Outro día os alumnos de 5º e 6º de Primaria sementaron trigo e centeo sobre min. Manuel Lamela trouxo o trigo e Javier o conserxe, o centeo.

O tempo non foi moi bo e non se puido traballar moito sobre min durante este mes.

Traducido polos Cabazas.



Xaneiro 2010

Xaneiro foi un mes duro. Pasei moito frío polas xeadas. Aquí estou totalmente cuberto de neve. Parece incrible que debaixo poida haber vida, sen embargo a neve aílla e conserva mellor a calor.















E que había debaixo? Pois os meus nabiños e repoliños que sobreviviron!











Febreiro 2010
O día 5 fumos a aula de informática a acabar as redacións e buscar información sobre a agricultura ecolóxica. Algúns voluntarios foron a prantar no recreo 2 alcachofas.
O día 12 levamos para a casa unha ficha sobre a presenza de antibióticos fitosanitarios na comida. Tamén fomos a aula de informática facer un traballo sobre a agricultura ecolóxica.

O día 19 seguimos na aula de informática.Nas seguintes clases procuramos traer connosco un pen-drive.
O día 26 fomos por penúltima vez a aula de informática e ao acabar a clase gardamos a infórmacion no pen-drive. Os que tiñan algún lugar para buscar información completarían o traballo. 

 
Abril 2010
En abril o horto estivo máis traballado,non só por non,senón por alumnos de 5º e 6º de primaria e de 3º da E.S.O.O día oito plantaron patacas,recolleron follas dos repolos que floreceron,para facer un puré.Tamén retiraron herbas que compiten cos cultivos,airearon a terra,Raquel plantou chícharos entre os repolos.Sementaron alos porros e perexil no bancal nº4 onde máis adiante prantaremos tomates.O díanove o grupo Amorodos plantaron :unha fila de espinacas pegadas as patacas.O grupo Berenxenas:tres franxas de albahaca,outro día nos ocos que queda nese bancal nº5 plantaranse pementos.O grupo Cabazas:macela cerca do trigo e centeo das cenorias.



Marzo 2010



O día 5 fomos por última vez a aula de informática. No apartado de técnicas utilizadas completamos a información coas fotocopias que nos entregaron a principio de curso. No apartado de beneficios para consumidores, agricultores,etc. Buscamos en www.craega.es. No apartado de produros ecolóxicos galegos buscamos en www.arqueixal.com, e www.granxamaruxa.com, www.amorodo.es e www.ecoavega.es. No apartado de gandaria ecolóxica buscamos en: www.xatogal.com, www.arqueixal.com e www.casagrandedexanceda.com. O día 12 entregamos o artigo rematado e elavoramos as preguntas para as entrevistas da excursión. Cada un fixo como mínimo 3 preguntas para cada sitio e entegámollas á profesora nun documento de word o lúns 22. Como o lúns 15 a profesora faltou na hora de titoria aproveitamos para ir co profesor de garda á aula de informática e elavoralas.
O día 22 recollemos as preguntas e fixemos a selección. Dividimonos nos 3 grupos de sempre e cada grupo fixo unha entrevista. Para semana santa levamos unha ficha.
O día 24 fomos de excursión a 3 centros de produción ecolóxica: Mil-ulloa, Granxa Maruxa e Arqueixal. En cada sitio fixemos unha entrevista que foi colgada no blog.
O día 26 ordenamos as sementes que temos. Cada grupo encargouse dunha caixa onde meteu as sementes en botes con etiquetas onde figura a data e a procedencia. Ó mesmo tempo fixo un listado cos mesmos datos.

Rayko e Abel