Receita: berenxenas recheas

Posted on 20:00

Ingredientes:

2 berenxenas grandes.

1/2 litro de bechamel.

250 g. de xamón serrano.

1 cebola pequena.

1 dente de allo.

Queixo relado.

Manteiga.

Aceite.

Sal.



Preparación:

Córtanse as berenxenas lonxitudinalmente, póñense nunha bandexa de forno, sálganse, úntanse lixeiramente con aceite e enfórnanse a 180º durante 30 minutos. Mentres prepárase o recheo, facendo primeiro a bechamel. Logo refóganse a cebola e o allo moi picadiños nun pouco de aceite e, cando están dourados, incorpórase o xamón en taquiños pequenos. Refógase uns instantes, retírase e resérvase.

Sácanse as berenxenas do forno e retíraselle a pulpa cunha culler àra formar un oco. Pícase a pulpa e mestúrase co xamón remexendo ben. Este picadillo mestúrase coa bechamel e coa pasta resultante rechéanse as berenxenas. Por enriba pónselles o queixo relado e uns taquiños de manteiga . enfórnanse ata que estean gratinadas.

Posted in

0 Response to "Receita: berenxenas recheas"

Publicar un comentario