Ingredientes:
2 berenxenas grandes.
1/2 litro de bechamel.
250 g. de xamón serrano.
1 cebola pequena.
1 dente de allo.
Queixo relado.
Manteiga.
Aceite.
Sal.
Preparación:
Córtanse as berenxenas lonxitudinalmente, póñense nunha bandexa de forno, sálganse, úntanse lixeiramente con aceite e enfórnanse a 180º durante 30 minutos. Mentres prepárase o recheo, facendo primeiro a bechamel. Logo refóganse a cebola e o allo moi picadiños nun pouco de aceite e, cando están dourados, incorpórase o xamón en taquiños pequenos. Refógase uns instantes, retírase e resérvase.
Sácanse as berenxenas do forno e retíraselle a pulpa cunha culler àra formar un oco. Pícase a pulpa e mestúrase co xamón remexendo ben. Este picadillo mestúrase coa bechamel e coa pasta resultante rechéanse as berenxenas. Por enriba pónselles o queixo relado e uns taquiños de manteiga . enfórnanse ata que estean gratinadas.

Nome común: Berenxena.
Nome científico: Solanum melongena
Orixe: India
É unha planta moi esixente en luminosidade e de climas cálidos e secos, soporta ben as temperaturas elevadas. Os solos máis adoitados son os francos e profundos. A mellor data para plantala e o mes de marzo. O momento para recollela é cando presenta un aspecto brillante. Cando están suaves ou marróns están demasiado maduras e saben amargas.
No noso horto xa a prantamos na parcela nº 12 xunto coas xudías, xa que parece que ambas especies se favorecen mutuamente.

As investigacións científicas das últimas décadas confirmaron o que a sabedoría popular coñecía dende hai moitos séculos: a influencia que a lúa ten no cultivo e recolleita dos productos da terra.
A vitalidade das prantas medra coa lus da lúa.Cantomáis nos achegamos á lúa chea, as prantas posúen máis forza para loitar contra parásitos e enfermidades.
A vitalidade das prantas mingua coa lúa chea, algo que fan en proveito da súa enerxía espécifica. A pranta ten menosvitalidade pero as cores e sabores son máis perceptibles.As propiedades dietéticas ou medicinais son máis pronunciadas.

É unha especie anual da familia das leguminosas. Orixinaria de América que se cultiva en todo o mundo. Existen numerosas variedades e delas consómense tanto as vainas verdes como os grans secos.
Seméntanse no mes de maio cando hai lúa vella.
No noso horto ímola prantar asociada co millo, ao igual que a faba, tal e como se facía (e aínda se segue a facer) en moitos lugares de Galicia. Deste xeito ambos cultivos se favorecen no aproveitamento de nutrientes. Ademais as xudías gabean polo tallo dos pés de millo e xa non temos que poñerlles titores.
Tamén a prantamos asociada á berenxena na parcela 12 e aos cogombros na 7.

O guisante, tamén chamado Chicharo é a pequena semente comestible da planta que se cultiva para a súa producción e dalgunhas variedades da cal , como a chamada "tirabeque" pódense consumir as peopias vainas por ser moi tenras.
As sementes(guisantes) atópanse en vainas de entre 5 a 10 cm de longo que conteñen entre 4 e 10 unidades.
Pragas:
- Polilla do guisante.
- Pulgón verde.
- Sitona.
- Trips.
Enfermidades:
- Oidio do guisante.
- Virus do mosaico.
- Antracnosis.
Tanto na agricultura como na gandería se produciu nas últimas décadas un abandono do cultivo e cría das razas autóctonas galegas e variedades locais, sendo éstas substituídas por outras máis produtivas.
Esto non sucedeu só en Galicia, senón en moitos outros lugares do mundo, o cal provocou unha gran perda de biodiversidade ou erosión xenética.
A perda de biodiversidade é un dos maores problemas ambientais cos que se enfronta a humanidade. O 2010 é o ano internacional da biodiversidade.
Cada vez existe máis preocupación nos gobernos dos distintos países por este tema, e por iso se poñen en marcha programas para evitar a extinción das especies.
Actualmente estanse a recuperar moitas das nosas razas autóctonas, tanto de prantas como de animais, salvándoas da extinción.
A continuación veredes exemplos de razas autóctonas de gando en perigo de extinción, pero que afortunadamente se están recuperando: o porco celta, a galiña de Mos, o can de palleiro e a vaca cachena.

Na Galiza podemos falar de cinco variedades de pementos autóctonos ou máis ben naturalizados:
Pemento morrón de Vilanova.
Pemento tipo Padrón: poden ser de Herbón, de Padrón ou do Salnés.
Pemento tipo Arnoia: zona de Arnoia, de Ribadavia ou de Carballo.
Pemento tipo Ourense: O Rosal, Ourense.
Pemento tipo O Couto: cultivados na comarca de Ferrolterra.