Mostrando entradas con la etiqueta Razas autóctonas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Razas autóctonas. Mostrar todas las entradas

RAZAS AUTÓCTONAS E BIODIVERSIDADE

Posted on 13:58

Tanto na agricultura como na gandería se produciu nas últimas décadas un abandono do cultivo e cría das razas autóctonas galegas e variedades locais, sendo éstas substituídas por outras máis produtivas.
Esto non sucedeu só en Galicia, senón en moitos outros lugares do mundo, o cal provocou unha gran perda de biodiversidade ou erosión xenética.

A perda de biodiversidade é un dos maores problemas ambientais cos que se enfronta a humanidade. O 2010 é o ano internacional da biodiversidade.

Cada vez existe máis preocupación nos gobernos dos distintos países por este tema, e por iso se poñen en marcha programas para evitar a extinción das especies.
Actualmente estanse a recuperar moitas das nosas razas autóctonas, tanto de prantas como de animais, salvándoas da extinción.
A continuación veredes exemplos de razas autóctonas de gando en perigo de extinción, pero que afortunadamente se están recuperando: o porco celta, a galiña de Mos, o can de palleiro e a vaca cachena.

Pementos galegos

Posted on 19:28


Na Galiza podemos falar de cinco variedades de pementos autóctonos ou máis ben naturalizados:

Pemento morrón de Vilanova.

Pemento tipo Padrón: poden ser de Herbón, de Padrón ou do Salnés.

Pemento tipo Arnoia: zona de Arnoia, de Ribadavia ou de Carballo.

Pemento tipo Ourense: O Rosal, Ourense.

Pemento tipo O Couto: cultivados na comarca de Ferrolterra.

OS PEMENTOS DE MOUGÁN

Posted on 21:00


Os pementos de Mougán son unha variedade de pementos única e exclusiva da zona de Mougán (concello de Guntín), a poucos quilómetros de aquí.

Prantando variedades locais contribuímos a conservar a biodiversidade.

...e que ricos están...Probáchelos xa?